Politica de privacidade

Última actualización: 10 de xullo de 2026

IDENTIFICACIÓN DA PERSOA RESPONSABLE DO TRATAMENTO

  • Razón social: COMUNIDAD DE AGUAS SAN JORGE DE MOSENDE (en diante COAGUASMOSENDE).
  • NIF: G-36.113.389.
  • Enderezo: Madorras, Casa Social — Mosende — O Porriño — 36413. PONTEVEDRA
  • Correo electrónico de contacto: coaguasmosende@gmail.com.

1) DESCRICIÓN

A aceptación da política de privacidade do noso sitio web (en diante “Política de Privacidade”) é condición necesaria para o uso da nosa páxina web (en diante “Servizo”).

Esta Política de Privacidade regula a recompilación, tratamento e uso da túa información persoal e non persoal como persoa usuaria do Servizo, a partir da data de entrada en vigor que aparece no encabezado.

COAGUASMOSENDE non vende a terceiros a túa información persoal e sempre che pedirá consentimento antes de utilizar os teus datos para calquera fin distinto dos que se describen nesta Política de Privacidade.

Para tratar os teus datos persoais, COAGUASMOSENDE cumpre coa lexislación vixente, local e europea, así como a súa normativa de desenvolvemento.

Por iso adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. Sempre de acordo co estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.

2) INFORMACIÓN RECOMPILADA

A información persoal e non persoal recompilada polo Servizo chegaranos por dúas vías: 1) a recompilada automaticamente e 2) a que nos proporciones voluntariamente.

2.1.- A recompilada automaticamente

Esta información consistirá en:

  • A recompilada mediante cookies ou mecanismos similares almacenados no teu dispositivo, sempre co teu consentimento. Consulta a nosa Política de Cookies para máis información.
  • O IP dende o que se realiza a conexión, o tipo de dispositivo usado e as súas características, a versión do sistema operativo, o tipo de navegador, o idioma, a data, o país, a hora da solicitude, a URL de referencia ou a rede móbil empregada (entre outros).
  • Datos de uso do Servizo e posibles erros detectados durante a súa utilización.
  • Datos sobre a túa ubicación física mediante diferentes tecnoloxías: os sinais de GPS enviados por un dispositivo móbil ou a información sobre puntos de acceso Wi-Fi ou antenas de telefonía móbil máis próximas. En calquera caso, estes datos recompílanse sempre de acordo coa configuración de privacidade do teu dispositivo.

2.2.- A que proporcionas voluntariamente

Esta información consistirá en:

  • A información, persoal ou non, que puidesen conter as mensaxes enviadas a través das canles de contacto ou opinión establecidas no Servizo, por exemplo, o teu nome, alias ou correo electrónico.
  • Os datos que proporciones nos formularios de solicitude (solicitude de acometida, cambio de titularidade, domiciliación bancaria, etc.) para a xestión da túa condición de persoa socia ou usuaria da Comunidade.

3) DEREITOS E FINALIDADES

Informámoste de que a cumprimentación dos formularios ten carácter voluntario. Agora ben, se non cobres os campos obrigatorios (marcados cun asterisco) o uso do Servizo non será posible ou verase limitado.

Os datos persoais que nos facilites quedan incorporados e serán tratados nos ficheiros titularidade de COAGUASMOSENDE, co fin de poder atender as túas peticións, prestar o servizo solicitado, xestionar a túa relación como persoa usuaria da Comunidade de Augas e realizar a facturación dos servizos.

Podes exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade, limitación, oposición, dereito ao esquecemento e a non ser obxecto de decisións automatizadas, relativos aos teus datos de carácter persoal mediante correo electrónico dirixido a coaguasmosende@gmail.com.

Deberás identificarte co teu nome e apelidos, ademais dunha copia do teu DNI ou ID nacional.

En calquera momento podes exercer os dereitos de:

  • Dereito de acceso
  • Dereito de rectificación
  • Dereito de portabilidade
  • Dereito de limitación
  • Dereito de oposición
  • Dereito ao esquecemento

COAGUASMOSENDE comprométese a respectar a confidencialidade dos datos recollidos no ficheiro, utilizalos de acordo coa finalidade deste, dar cumprimento á súa obrigación de custodia e adoptar todas as medidas requiridas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos, de acordo coa normativa aplicable.

4) IDADE

Declaras que es maior de idade e que dispós da capacidade legal necesaria para vincularte por este acordo e utilizar o sitio de conformidade cos seus termos e condicións, que comprendes e recoñeces na súa totalidade.

Declaras que toda a información que proporciones para acceder ao Servizo, antes e durante a súa utilización, é verdadeira, completa e precisa.

5) USO DOS DATOS

COAGUASMOSENDE usará os datos recompilados para:

  • Administrar, proporcionar e actualizar o Servizo.
  • Atender as cuestións que formules.
  • Xestionar a túa relación como persoa socia ou usuaria da Comunidade e a facturación dos servizos de augas.
  • Manter a seguridade do Servizo, investigar actividades ilícitas, facer cumprir os nosos termos e condicións e axudar aos corpos e forzas de seguridade do estado no marco das súas eventuais investigacións.

Así mesmo, COAGUASMOSENDE poderá utilizar a información persoal e non persoal das persoas usuarias en forma de datos agregados e anónimos para mostralos a terceiros. Nada disto permitirá a eses terceiros identificarte persoalmente.

6) DATOS COMPARTIDOS CON TERCEIROS

Hai terceiros que xestionan parte do Servizo.

A eles COAGUASMOSENDE esíxelles que cumpran esta Política de Privacidade no que lles resulte aplicable, ademais de ter a súa propia. Non obstante, COAGUASMOSENDE non será responsable do cumprimento da devandita política.

Baixo algunhas circunstancias, COAGUASMOSENDE poderá compartir, usar ou preservar con terceiros algunha da información persoal recompilada:

  1. Para prestar o Servizo:
    1. Os provedores de servizos que prestan funcións no noso nome, como por exemplo aloxamento web, entidades financeiras para a xestión de recibos, ou analítica web. Estes provedores poden recompilar e ter acceso á información que lles sexa necesaria para desempeñar as súas funcións, pero non teñen permitido compartir ou utilizar a información para ningún outro propósito.
  2. Para cooperar coas autoridades competentes:
    1. Se cremos que é razoablemente necesario para satisfacer calquera lei, proceso legal ou interese lexítimo en calquera parte do mundo. En calquera caso, só proporcionaremos a información estritamente requirida.
    2. Se cremos que esta acción é apropiada para facer cumprir os termos e condicións do sitio web.
    3. Se é necesario para detectar ou previr a fraude ou cuestións relacionadas coa seguridade do sitio web, os seus provedores e persoas usuarias.

7) MEDIDAS DE SEGURIDADE

COAGUASMOSENDE adopta todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para protexer a seguridade e integridade da información persoal e non persoal recompilada. Tanto fronte a accesos non autorizados como á súa alteración, perda ou destrución accidentais.

O envío e a remisión de datos que realices a través do Servizo atópase protexido por técnicas de seguridade electrónica na rede como o protocolo SSL. Así mesmo, a información subministrada e almacenada nas bases de datos de COAGUASMOSENDE atópase igualmente protexida por sistemas de seguridade que impiden o acceso aos mesmos por terceiros non autorizados.

COAGUASMOSENDE realiza os seus mellores esforzos para dispor dos sistemas máis actualizados para a eficacia destes mecanismos de seguridade. Ademais, COAGUASMOSENDE almacena a información persoal e non persoal durante tanto tempo como permita e esixa a normativa. A que non se necesita destrúese periodicamente.

A pesar do anterior, COAGUASMOSENDE non pode garantir a seguridade absoluta da información recompilada, polo que debes colaborar e utilizar en todo momento o sentido común sobre a información compartida.

8) CAMBIOS NA POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Poderemos actualizar esta Política de Privacidade no futuro.

Informarémoste sobre os seus cambios enviando un aviso ao enderezo de correo electrónico facilitado e/ou colocando un aviso nun lugar destacado da nosa web.

9) CONTACTO

Se tes dúbidas sobre esta Política de Privacidade, contacta con nós en:

Correo electrónico: coaguasmosende@gmail.com