Historia da Comunidade

Comunidade de Augas de Mosende

A Traba nace no ano 1976. O día 4 de febreiro de 1976 formalizouse ante Notario a súa pre-constitución, coa participación de 147 comuneiros das parroquias de Mosende e de dous barrios lindeiros da parroquia de Pontellas.

Estes veciños lograron xuntar esforzos para conseguir ter un subministro de auga corrente nas súas casas, ata entón abastecidas algunhas delas mediante pozos particulares, xa que non existía rede municipal nin privada.

No ano 1996 foi outorgada a primeira concesión de augas públicas para usos domésticos da Comunidade pola Confederación Hidrográfica do Norte por un período de 20 anos, e declarada validamente constituída a Comunidade de augas San Jorge de Mosende. Tamén quedaron aprobadas as súas Ordenanzas e Regulamentos.

No ano 2014 foi concedida pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil a novación de abastecemento de auga ás vivendas por un período de 20 anos, ata o ano 2034.

Dos 147 comuneiros iniciais que fixeron posible o arranque deste proxecto colectivo, a día de hoxe (xullo de 2026) somos 375 comuneiros abastecidos mediante seis depósitos de almacenamento de auga, catro deles depósitos de tratamento de auga potable (ETAP), e unha rede de distribución de mais de 22 km de tubaxes ata chegar as vivendas abastecidas.

Depositos da traida de augas da comunidade de augas de mosende
Depositos da traida de augas da comunidade de augas de mosende

Ó longo destes 50 anos foron moitos os retos aos que se tivo de ir adaptando a nosa Comunidade, tanto na parte técnica e normativa, como administrativamente, sendo un dos logros mais satisfactorios manter a implicación e colaboración activa de tódolos usuarios. Isto fai que a Comunidade siga existindo e autoxestione un servizo tan básico e esencial como é a auga.

Agora damos un paso mais. Presentamos esta páxina web da Comunidade, financiada con fondos públicos da Unión Europea – Next Generation EU Programa KIT DIGITAL, coa que pretendemos  achegar información accesible e interactiva da Comunidade aos comuneiros. Unha información que confiamos en ir mellorando entre todos.

Queremos tamén que esta nova vía de comunicación que presentamos sexa unha homenaxe a todos os nosos antecesores, que puxeron en tempos moi precarios os pilares do que hoxe segue sendo a NOSA COMUNIDADE DE AUGAS.

 

Depositos da traida de augas da comunidade de augas de mosende
Depositos da traida de augas da comunidade de augas de mosende