Aviso legal

1. LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que o dominio coaguasmosende.com, en diante o Sitio Web, está rexistrado a nome de:

  • Razón social: COMUNIDAD DE AGUAS SAN JORGE DE MOSENDE
  • NIF: G-36.113.389
  • Enderezo: Madorras, Casa Social — Mosende — O Porriño — 36413 PONTEVEDRA
  • Correo electrónico de contacto: coaguasmosende@gmail.com,

en diante O TITULAR.

2. CONDICIÓNS DE USO

I.- PERSOAS USUARIAS

O acceso e/ou uso do Sitio Web atribúe a quen o realiza a condición de persoa usuaria, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do Sitio Web.

II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

A persoa usuaria comprométese a utilizar o Sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do Sitio Web.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do Sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan á disposición das persoas usuarias, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo ningún.

III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL

O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do Sitio Web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.

IV.- HIPERLIGAZÓNS

O establecemento de calquera «hiperligazón» entre unha páxina web e o Sitio Web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución, nin total nin parcial, de ningún dos servizos nin contidos do Sitio Web.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR.
  • Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web dende a que se realice a «hiperligazón», nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

V.- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas das persoas usuarias.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte das persoas usuarias, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do Sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte das persoas usuarias.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos á disposición das persoas usuarias no Sitio Web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados ás persoas usuarias a través do Sitio Web.

VI.- DURACIÓN

A duración da prestación do servizo do Sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido.

Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. O TITULAR e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio da persoa usuaria para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No suposto de que a persoa usuaria teña o seu domicilio fóra de España, O TITULAR e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Vigo (Pontevedra).

3. BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS

De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002, garántese á persoa usuaria a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo dun mes dende que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a coaguasmosende@gmail.com.